MOVIDAS NA CASA DO VENTO DESTE VENRES

Este venres no CSO Casa do Vento, imos a facer un roteiro polas beiras do Sarela, saíndo ás 11h da mañá dende a porta do CSO, para recoller prantas medicinais e comestibles, acompañadxs por peña que controla do tema.

Ao mediodía realizarase o xantar de todolós venres, pero incorporando a degustación das prantas recollidas no roteiro, previamente cociñadas (tamén se pode participar nas actividades culiarias se apetece).

Á tarde, contaremos coa presencia de Manuel Garrido, un médico experto no tema do VIH-SIDA que cuestiona a existencia do mesmo. Proxectaremos o docu “La Ciencia del Pánico” e logo realizaremos un coloquio-debate-forum, coa participación de Manuel, que aportará a visión desta perspectiva respecto ao tema.

Máis info en http://superandoelsida.ning.com/

Esperamos contar coa tua asistencia e participación.

Sábado 10 às 20 horas.- Palestra Radio QK (Uvieu) e depois, Ceador Vegano

Tras case 30 anos de emisión ininterrumpida, unha das radios lbres máis veteranas do estado, enfrontase a problemas xudiciais que poderían sinificar o seu feche. O 9 de novembro de 2011 a comunidade de propietarios do edificio onde atopase ubicada a Radio QK, recebeu unha carta da “Jefatura Provincial de Inspección de Telecomunicaciones” na que se lles notificaba a existencia no tellado dun centro emisor en FM (antena) sen autorización e ameazalles con una sanción de ata 500.000 € en caso de non identificar ao propietario da mesma. Situaciones similares viviron as outras radios libres de Asturies: Radio Sele , Radio Nava eRadio Kras.
Compas ovetenses falarán da traxectoria e historia da RadioQK e da problemática actual à que se enfrontan os medios libres de difusión e contrainformación nas ondas asturianas.
Depois da palestra haberá un riquísimo Ceador Vegano.Máis información sobre a persecución às que están sendo sometidas as radios libres asturianas por parte da “Jefatura Técnica de Telecomunicaciones” en Asturiesneste enlace de radio QK

Palestra “SOS Laciana” Réquiem polas montañas

Este venres 9 de marzo as 18 horas, organizado por o CSO Casa do Vento e do proxecto en cernes “Toma La Tierra” (Rede estatal de coordinación e difusión de luitas pola terra), haberá esta palestra onde compas da luita ofrecerán unha análise da problemática e das últimas novas deste val leonés de Laciana que leva sufrindo a ilegal mineiría de carbón a ceo aberto dende vai 27 anos.
Unha paraxe protexida destruída, o oso e o urogalo en perigo, contaminación de augas, conflicto social e agresións a todo aquel que plante cara ao cacique do carbón: Victorino Alonso.
Mais información na sua páxina web http://www.soslaciana.org
Cabe sinalar que se ben no cartaz figura que a palestra vai ser no CSO Casa do Vento, esta celebrara-se na Biblioteca Anarquista “A Ghavilla” debido a problemas estructurais.