Sábado 10 às 20 horas.- Palestra Radio QK (Uvieu) e depois, Ceador Vegano

Tras case 30 anos de emisión ininterrumpida, unha das radios lbres máis veteranas do estado, enfrontase a problemas xudiciais que poderían sinificar o seu feche. O 9 de novembro de 2011 a comunidade de propietarios do edificio onde atopase ubicada a Radio QK, recebeu unha carta da “Jefatura Provincial de Inspección de Telecomunicaciones” na que se lles notificaba a existencia no tellado dun centro emisor en FM (antena) sen autorización e ameazalles con una sanción de ata 500.000 € en caso de non identificar ao propietario da mesma. Situaciones similares viviron as outras radios libres de Asturies: Radio Sele , Radio Nava eRadio Kras.
Compas ovetenses falarán da traxectoria e historia da RadioQK e da problemática actual à que se enfrontan os medios libres de difusión e contrainformación nas ondas asturianas.
Depois da palestra haberá un riquísimo Ceador Vegano.Máis información sobre a persecución às que están sendo sometidas as radios libres asturianas por parte da “Jefatura Técnica de Telecomunicaciones” en Asturiesneste enlace de radio QK

Unha reflexión sobre “Sábado 10 às 20 horas.- Palestra Radio QK (Uvieu) e depois, Ceador Vegano

  1. Radio Piratona é unha radio libre que emite desde vigo, cunha longa história ás suas costas. un feixe de anos que deron cabida a mui diversas etapas, definidas estas por pequenos (e non tan pequenos) paróns, cámbios de local, de membr@s e de organización ideolóxica, pero sempre mantendo esa cualidade de rádio libre, meio de comunicación para as voces sen eco nos grandes meios do empresáriado e a banca.

Os comentarios están pechados.