Timba poética

A timba poética é berrar, escupir, falarse ao oído, espirse, escoitar, falar polo micro, sen micro, cantar, comer, tocar, tocarse…

Comezará hacia as 9 da noite deste venres.

Hai pactadas pero queda moito tempo de micro aberto para quen se anime a recitar (por dicir algo).

Haberá bocatas veganos para cear e poder pagar os gastos

Calma chicha

Hoxe pola mañán vimos que non había excavadora, e tampouco veu o propietario nin a policía a visitarnos.

Polo que poidemos averiguar, a licenza de obra é únicamente para as vivendas da beira do rueiro, e ademais no concello só notificaron a excavación dos cimentos destas. Comprobamos que efetivamente, hai unha estrada proxectada que pasaría por parte da horta do vento, e estamos pendentes de que nos confirmen se teñen a licenza. De todos xeitos, o feito de comezar o desmonte para marcar a estrada parece unha maniobra  para aproveitar ao máximo as máquinas contratadas.

Así que polo momento parece ser que a cousa está parada, aínda que non coñecemos o estado da denuncia sobre a casa que o propietario ameazou con poñer o venres.

Recordamosvos que mañán hai unha charla ás 20h sobre a crise ambiental no seo das xornadas do Novembro Negro e posterior ceador.

 

 

Crónica do domingo

A día de domingo continuamos coas permanencias e espérase que mañán as máquinas comezarán a súa desfeita a primeira hora poñendo en risco o proxecto da horta.

Dende a casa facemos un chamamento a vir botarnos unha man mañán pola mañán,e se non, estar alerta para acudir no momento no que sexa necesario para que sexamos moitas, co fin de paralizar esta obra que forma parte dun plan urbanístico que especula e busca a destrucción do entorno do Sarela.

A rasgos xerais, Verde Urbán ten proxectado construir unha chea de vivendas de luxo tildadas de verdes vendéndoas con esloganes como “proxectamos unha forma diferente de vivir, composta de espazo, terra e aire”. Para iso, mercaron propidades sen medo, deixaron caer casas para construir sobre elas e intentan convertir unha zona rural cunha veciñanza de sempre nun lugar de “relax” e paseo que consideramos exclusivo para quen ten cartos.

Na parte que toca ao centro social, hai proxectada a construcción de varias vivendas e un camiño de aceso a elas, que segundo os traballadores cos que falamos pretenden comezar para non perder a licenza de obra, pero nin sequera saben se a seguirán neste momento, din que “nun par de anos…”. Ademais, entre outras cousas e polo de agora sacaron do seu sitio e desfixeron un cruceiro de pedra polo que segundo un veciño se interpuxo unha denuncia (non temos toda a info), sacaron unha maceira do seu sitio,… Vamos, en definitiva, que creemos que o están facendo de xeito bastante trapicheiro, e co descontento da veciñanza, e claro, tamén do noso.

Infórmate, difunde e achégate contra a especulación inmobiliaria e a defensa dos espazos autoxestionados!

flipante miren o link :

http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/unha-construtora-ameaza-con-desaloxar-un-centro-social-ocupado-en-compostela/20121109133916007440.html

Unha construtora ameaza con desaloxar un centro social ocupado en Compostela

 

Activistas informaron de que hai varios días iniciaron as obras de acceso a tres vivendas que están aínda por construír, mais cuxa licenza está a piques de caducar. Ao redor de 50 persoas xuntáronse para parar as máquinas, que teiman en que o camiño atravese polo medio da horta

 

B.V