PROGRAMACIÓN DO 1 AO 15 DE DECEMBRO:

Luns 2
16.30 Obradoiro de bicis. Arranxa ou constrúe a teu propio veículo non contaminante de dúas rodas…

19.00 Grupo de xogos de improvisación. Achégate se queres pasar un rato divertido facendo paiasadas…

Martes 3
12.30 Aulas de iniciación á guitarra. Trae o teu instrumento e faremos que sexa algo máis ca un obxecto decorativo…

Mércores 4
20.00 Proxección de “435 dias en huelga de hambre” organizada por Silveira. Despois haberá ceador e coloquio coa presenza do ex-preso Xaime Simón Quintela, recentemente excarcelado tras cumplir 28 anos e 10 meses de cadea pola súa militancia nos GRAPO…

Xoves 5
18.00 Asemblea da casa. Achégate é participa…

Venres 6
14.30 Xantar vegano. Degusta connosco comida libre de morte…

16:30 Aulas de euskera. Mergúllate na lingua e na cultura euskaldun…

Luns 9
16.30 Obradoiro de bicis. Arranxa ou constrúe a teu propio veículo non contaminante de dúas rodas…

Martes 10
12.30 Aulas de iniciación á guitarra. Trae o teu instrumento e faremos que sexa algo máis ca un obxecto decorativo…

20.00 MATCH DE IMPROVISACIÓN. Aínda non están pechadas as equipas, así que se queres participar ponte en contacto con nós…

III ANIVERSARIO DA CASA DO VENTO: (Xoves e venres)

Xoves 12
20.00 Gran Cabaret: música, poesia, malabares, clown, teatro, titeres… E ceador vegano. Se queres ser unha das artistas deste cabaret só tes que dicilo…

Venres 13
11.30 Obradoiro de Seitán e comida Vegana.
14.00 Xantar Vegano.
16.00 Gymkana de Okupación.
18.00 Presentacion da Oficina Galega de Okupacion e da publicación do Manual de Okupacion.
20.00 Dinámica de antipsiquiatria e espazo de reflexión e debate.
21.30 Ceador Vegano e foliada.
22.30 Campionato de Matraquiños, karaoke e máis música.

Domingo 15
12.00 Obradoiro “faino ti mesma”. Como facer unha estufa/cociña con bombonas de butano. (X confirmar)

*Tódalas actividades serán de balde…

AULA DE CRIAÇÃO MÚSICO-LITERÁRIA.

Pretende ser um espaço para a criação artística aunado som e palavra.
Se tens uma ideia musical, um texto, ou simplesmente queres vir a ver que surge e passar um momento agradável entre colegas este é teu espaço.

¿Quando?
Todas as últimas quintas-feiras (Xoves) de mês a partir do 28 de novembro às 20:00 da tarde.
¿Onde?
C.S.O. Casa do Vento, na biblioteca, primeiro andar.

¿Como?
Traz teu instrumento, algo que faça ruído ou algum texto que te apeteça compartilhar.
O resto fica em mãos do destino.

Nova programación

Despois da asemblea extraordinaria do martes pasado, semella que a Casa do Vento ten ánimo de volver engraxá-la maquinaria… Nova xente, novas enerxías e, por suposto, moitas ganas de voltar facer cousiñas. No apartado de actividades permanentes tendes a nova programación que esperamos sexa cada vez máis abundante e mellor…

Martes 12 de novembro ás 21 horas… Asemblea extraordinaria + ceador…

Isto non vai ser un comunicado formal e, aínda que participe dela, non escribo en nome de ningunha asemblea. Somentes vou expresar o que sinto… A Casa do Vento… Apenas catro paredes… E moreas de boas lembranzas. Alí coñecín persoas desas que pagan a pena de verdade, atopei partes de min que tentaban agocharse, mesmo desterrei algún que outro medo… Agora miro ao pasado con nostalxia, xa nada é o que era… Mais a casa segue no seu sitio… Durante case tres anos se apelou a unha conciencia de grupo, unha conciencia de grupo que se instalou no noso interior case sen avisar, unha conciencia de grupo que nos deu forzas en momentos de debilidade, que nos deu tamén a dobre satisfacción da ledicia compartida… Unha conciencia de grupo que hoxe sinto esmorecer… Mais a casa segue no seu sitio… Noutrora roíame a dúbida de se todo proxecto precisaba ter unha liña de traballo clara, un horizonte cara o que camiñar, unha ideoloxía… Agora penso que non hai mellor proxecto que a vida en si mesma, que a única liña de traballo verdadeira é aquela que entende de sentimentos e non de ideoloxías, que aquelas persoas que dan todo por nada son as máis rebeldes… Mais a casa segue no seu sitio… Está farta xa de tanta soidade, de tanto silencio… Farta do po que decora os seus libros, das arañeiras que visten as ferramentas do seu taller… Farta de que o seu matraquiños de balde albisque menos sorrisos que calquera de pago, de que non se valore o feito de relacionarse nun espazo que é unha reivindicación en si mesmo… Mais a casa segue no seu sitio… Segue no seu sitio agardando por alguén que volte enchela de vida, agardando por alguén que comparta con ela algunha ilusión, agardando… Tal vez, por ti…

POR ISTO E POR MOITO MÁIS… ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA CASA DO VENTO O MARTES 12 DE NOVEMBRO ÁS 21 HORAS. PORQUE A OKUPACIÓN BRÍNDANOS A OPORTUNIDADE DE QUE ESPAZOS COMA ESTE POIDAN SER DE TODAS… NON A DESAPROVEITEMOS… ACHÉGATE E PARTICIPA…