Foro sobre a Casa do Vento

contacto: casadovento@hacklaviva.net

Este foro funciona como espazo de discusión e información. A súa actualización varía no tempo, non é diaria. Se non obtedes resposta nunha semana, contactade por mail.

37 reflexións sobre “Foro sobre a Casa do Vento

  1. Saúde, companheiras!

    Desde Silveira, amplo movimento anti-repressivo de Compostela, queremos lembrar-vos a todas as que participades da gestom do CSO Casa do Vento que nesta vindeira sexta-feira 20 de dezembro organizaremos no CSA Sar um colóquio anti-repressivo e um recital de poesia revolucionária com a presença de:

    PABLO HASÉL: rap e poesia combativa e solidária, pendente dum iminente juízo na Audiência Nacional por “apologia do terrorismo”

    SUSO CELA SEOANE: ex preso político dos GRAPO, 27 anos e 4 meses em prisom.

    Animamos-vos a assistir e participar e pedimos-vos que o difundades entre vós mesmas e entre quem cuidardes que lhe puider interessar.

    Aproveitamos também para reiterar o nosso agradecimento pola vossa imprescindível colaboraçom na realizaçom na derradeira jornada do nosso ciclo de cinema anti-repressivo. OBRIGADAS TODAS NÓS!

  2. Boas irmás e irmaos, faloume Paulinha dun taller de improvisación na casinha, pero foiseme un pouco a pinza coa data e a hora, se ma poidésedes aclarar agradeceríavolo. Grazas!!

    • O vindeiro luns 2 ás 19.00 será a xuntanza do grupo de impro… De tódolos xeitos acabamos de subir a programación das vindeiras semanas. Espero que che serva. Grazas a ti…

    • Tentaremos ir subindo ao blogue os filmes que se proxectarán, e tamén cartelearemos pola rúa, cando teñamos a lista pechada… De tódolos xeitos, se queres información de primeira man, non tes máis que pasarte por algunha asemblea da casa ou calquera outra das actividades e preguntar. Deseguro que atopas a alguén encantada de responder. Así e todo, o vindeiro mércores 27 proxectarase “Son of Babylon”, que se centra na guerra de Irak… Grazas polo interese… Unha aperta…

  3. Hola, somos 26/H, un grupo de hardcore/punk de Badajoz. Estamos buscando conciertos por la zona de Galicia y me han hablado de este centro social. Somos un grupo comprometido con la lucha social y ofrecemos nuestro apoyo para todo lo ke necesiteis. Nos gustaria buscar una fecha para tocar alli en verano, si es posible.
    Como no he encontrado ningun contacto para escribiros os dejo mi correo, para ke me respondais ahi: hc26-h@hotmail.com

    Tambien os dejo el enlace de nuestra maketa para descargar totalmente gratis, esperamos la maxima difusion: http://www.mediafire.com/?3mxbf89f4m2074c

    Mis disculpas por no falar galego.

    Muchas gracias y un saludo!

    26/H

  4. Opa xente, escríbovos en nome do mercado entre lusco e fusco, e en concreto en nome dunha parte deste colectivo (A Hortiña da Ponte, a xente que leva o mercado de troco , Eu que son Diego e algun mais que anda por alí)… Xa que o resto non se expresaron no seu momento e parece que lles e indiferente. O tema que queria comentarvos e o seguinte:
    Os primeiros martes de mes víñase facendo un feirón no mercado de Belvís, nese feirón montábase unha barra que coa colaboración dos integrantes do mercado a través de productos ou traballo directo conseguía un apóio económico que repercutía directamente no propio mercado e as súas necesidades. O que aconteceu ,co paso do tempo, xente, ideas, problemas… e que as enerxias postas nas propias actividades dos vendedores son tales que o posto da barra perdeu o seu espacio e colaboracións. Seguro que algúns xa sabedes parte do conto e como usuarixs do espacio pedimosvos que non o deixedes morrer n mans de mentalidades ofuscadas nos procesos de producción e institucionalización dos lugares que ocupan. Asi pois co gallo deste primeiro martes de febreiro gostariame que nos acompañedes nesta nova ocupación de Belvís, en concreto estaría moi wapo que viñerades cos instrumentos e lle deramos un pouco de ambiente festeiro, o que falaramos entre nos e que quixera consultarvos e que podedes utilizar a barra para publicitar as vosas actividades e dispor a info que consideredes necesaria ademáis de poñer unha gorra, chapeu ou boina para que apañedes cartos para as vosas cousas. Xa me diredes o que vos parece ou se queredes que o falemos en persoa eu andarei a partires deste martes pola mañán en Compostela.
    Pola miña parte, xs que aparezan e colaboren levaran unha aperta e unha cunquiña quente de valde…
    Apertas compañeirxs!

  5. Rapaces, xa está rematado o documental no que colaboráchedes. ¿Cólgovos aquí a ligazón? Unha aperta do grupo.

  6. ola
    esta fin de semana ides facer unha festa na casa do patin? que me comentaron algo. Se facedes un cabaret ou algo anímome a facer unha pequena rutina cos diabolos 🙂

    • A festa do aniversario será venres 14 e sábado 15. En principio hai programadas actividades, pero se te apetece facer algunha cousa non haberá ningún fallo, que haberá tempo para todo. Ata o finde!

  7. Ola, hoxe non vou poder ir ó obradoiro de guitarra, estou de examenes e preciso tempo esta ponte pra estudar, sinto non ter avisado antes.
    Javi.

    • Moitas grazas a vos. O video está moi chulo.
      A biblioteca que estades facendo de locais tamén.
      Cando esté o proxecto rematado sería moi interesante proxetalo na CasadoVento, se vos parece bem.
      Un saudo

    • O mellor e que o faledes directamente coa asamblea da casa os luns as oito. En principio hai uns requisitos se se queren facer concertos, como que han de ser pola tardiña (xa que hai un dormitorio parede con parede) e outros temas que sería conveniente falar directamente na asamblea (tipo de evento, como se leva a barra..etc.)

  8. Olá! Proponho a apresentaçom do fanzine Cam do Palheiro no CS, dum jeito performativo, acrata, com escárnio, irónico, enxebre, imaginativo e sem protagonismo dxs autorxs, entre outras cousas. O fanzine esta em http://sites.google.com/site/stopespecismo/-descargas-stop-especismo-1/revistas-y-fanzines

    Dado o caso, poderia-se reciclar o cartaz usado na Ghavilla (http://bibliotecanarquista.blogspot.de/2012/06/presentacion-do-fanzine-cam-do-palheiro.html)

    Si vos parece bem podedes enviar-nos um aturujo.

    Saudos

    • Pareceme ben pola miña parte. Os luns as oito hai asamblea da casa. Algíns luns non, pero case todos. Despois os días da actividade permanente das bicis tamen hai xente. Logo está o grupos de teatro de A gaivota, que se reunen aquí os Luns e mércores a partir das 20:30.

      • Bem, unha proposta: poderíades fazer publica a mensagem na assembleia? Vivemos mui longe do CSO. Poderíamos contactarmos co correio que adjunto no formulário? Também é possível contactar por outros meios.

  9. Ola, estiven antes do verán pola Casa intentando arranxar a miña bici, gustoume moito o espazp e o ambente. Gustaríame facer un obradoiro de guitarra (se hai lugar e tempo diponibel claro) , aparte de colaborar no que poida pra darlle vidiña ó centro.
    ¿Pasome o próximo luns pola asemblea e falamos?
    Apertas.
    Javi.

    • Pareceme ben. Os luns as oito hai asamblea da casa. Algíns luns non, pero case todos. Despois os días da actividade permanente das bicis tamen hai xente. Logo está o grupos de teatro de A gaivota, que se reunen aquí os Luns e mércores a partir das 20:30.

  10. Ola! Gustaríame saber se seguides en movemento agora e se tedes pensado facer algunha cousiña en outubro. Non estiven nunca na Casa do Vento, pero estou interesada nun par de ascpectos. Como podería contactar?

    • Os luns as oito hai asamblea da casa. Algúns luns non, pero case todos. Despois os mércores da actividade permanente das bicis tamen hai xente. Logo está o grupos de teatro de A gaivota, que se reunen aquí os Luns e mércores a partir das 20:30.

  11. boas a todos
    non vin enderezo asi que falo con vos por aqui
    queria preguntar por facer un concerto por ali, se e posible, se os desplazamentos poderianse cubrir
    eu son dj e levo un grupo de rap na coruña, Axlubi-X chámase
    tamen estou aberto a ir a pinchar. prefiro un dia que haxa programado algo para xuntarnos mais xente e estou aberto a calquera cousa que puidades comentarme
    unha aperta e moito apoio e animo

    • Ola, a casa andívo moi parada os meses de veran, de xuño ata o de agora. Espero e esperamos que co comezo de curso estudiantil se reanime un tanto.En xeral encantados de que veñas a facer un concerto, o espazo é teu. Podemos botar unha man esporadicamente, pero tal e como estamos, mellor que organices ti, sabendo que dispos do salon de abaixo, electricidade (se non a volveron cortar) e auga. Unha pequena barra (en xeral non para lucrarse) e bueno, una finquiñña o lado. Un saudo.

  12. Olá!

    Urgente… precisa-se fotocopiar um fanzine (Cam do Palheiro), de contidos ácratas. Sabedes onde é possível, e sem colaborar com empresas de cópias? …Nom vivo perto da casa e prefiro enviar correio antes para informar-me.

    Um saudinho

      • está ben que non queiras colaborar con empresas de copias pero utilices para comunicarte internet, rede de orixe militar e que serve para o control de miles de persoas… por non falar dos proveeedores de conexión, telefónica, vodafone…

Os comentarios están pechados.