Grupo de traballo sobre a antipsiquiatría

A raíz das xornadas de “A loucura na corda” xurdiu un grupo de traballo sobre a antipsiquiatría coa idea de formarnos na crítica á psiquiatría convencional.

A nosa intención é escoller temas concretos sobre o s que queremos debatir e darnos un tempo para traballalo de xeito individual. Despois poremos en común e sobre o papel as principais conclusións para así crear material para socializar o debate.

A próxima xuntanza será o venres, día 25 de outubro ás 17.30 na Casa do Vento, onde falaremos sobre o concepto da “normalidade”. Para iso, veremos o vídeo dunha conferencia chamada “La muerte de la clínica”, de Beatriz Preciado e analizaremos os criterios que usa a medicina moderna para establecer os límites entre a “normalidade” e os “trastornos psiquiátricos”, así como cando se considera a recuperación ou curación desta. Tamén queremos sacar a debate a homoxeneización que provoca dito termo e o que acontece en casos de sobrepasar os límites.

Estades todas convidadas a vir e espallar a reflexión e a loita!

Xa chegou o outono, xa chegou o magosto

Para sacar a preguiza do verán, celebraremos un magosto solidario o xoves, día 17 de outubro na Casa do Vento, para poder rematar de cambiar o circuito eléctrico.

Para iso, quedamos o venres que ven, día 11 de outubro ás 16h no vento para ir apañar nas castañas polo Pedroso. Animádevos e aproveitade para coñecer o proxecto de autoxestión no que andamos.

Ademais, tamén imos comezar con algunhas actividades:

– Asamblea: todos os martes ás 19h

– Aulas de euskara todos os venres ás 16.30h

– Grupo de debate e traballo de antipsiquiatría, que comezará o venres, día 11 de outubro ás 20h, para despois decidir próximas xuntanzas

A loucura na corda

Alá van para todas...as xornadas de "A loucura na corda", que se
celebrarán entre o 17 e o 20 de setembro, a semana que ven, vamos, en
Compostela. Estades todas convidadísimas e animámosvos a facer as vosas
aportacións, material informativo que vos pareza adecuado e claro, se
queredes contar algunha historia, un poema etc. na festa, pois, ven
podedes desafogar a soga!
unha aperta e pasádeo

Cinekafeta no mes de abril

O xoves que vén dámoslle comezo ao ciclo de cine titulado “Socialmente programadxs? Como non sucumbir ao experimento do elevador” que terá lugar todos os xoves ás 19.30 puntual (non punktual).

Ademais, prepararemos unha kafeta con tés, café e infusións naturais e doce e salgado para escoller coa fin de sacar cartos para a loita anticarceraria (copias de material de difusión, viaxes aos cárceres, apoio a familiares, etc.). Tamén montaremos unha mesa informativa sobre a cadea e outros materiais que poidan ser de interese.

Como non, é unha boa excusa para achegarse á casa e ao proxecto!

Envío de faxes e chamadas polo traslado da Noelia

Solidariedade con Noelia Cotelo. Querémola na Galiza XA!!!

Próximamente celebrarase no cárcere de Brieva (Ávila) por parte da 
Xunta de Tratamento a revisión que determinará si Noelia Cotelo 
pode ser trasladada a un cárcere galego.

Noelia solicitou o traslado os días 27 e 28 de febreiro, é importante 
que agora fagamos presión para  traela de volta a Galiza, mostrando 
todo o noso apoio á nosa veciña, amiga e compañeira que leva 5 anos 
sufrindo a lonxanía, o illamento e innumerables castigos e agresións
pola súa actitude rebelde e insumisa.

Solicitamos a solidariedade das persoas e asociacións preocupadas pola
defensa dos dereitos humanos das persoas presas, consideramos 
importante chamar e expresar a nosa preocupación polo trato que está 
a recibir Noe, solicitando que se lle traslade a Galicia como ela 
solicitou onde poida comezar un proceso de socialización rodeada de 
xente que a queira e axude.

Durante a semana do Martes 19 ao Venres 22 chamaremos de forma 
continuada ao CP de Brieva e SGIP, expresando a nosa preocupación e 
desexo que Noelia sexa trasladada a Galicia.

¿Si os cárceres non reintegran senón dispersan, Si os cárceres non 
axudan senón destrúen, a quen benefician?   

Solidariedade con
Noelia e tódalas persoas presas. 

STOP Dispersión, STOP Illamento, STOP Torturas.

Teléfono CP Brieva, Ávila:920 259023
Fax CP Brieva 920 259034

Teléfono SGIP:91 3354700
Fax DGIP:91 3354052

Charla o xoves 28 de febreiro: torturas e asasinatos baixo custodia

O xoves, día 28 de febreiro falaremos das torturas e asasinatos baixo custodia. Comezará no salón de actos da facultade de ciencias da educación (campus sur) ás 17.30 para continuar a partires das 20.30h na Casa do Vento con posterior ceador para costear as viaxes da peña.

Participarán para isto, a nai e o pai de David Blanco (morto en comisaría en raras circunstancias en Xixón) e a nai de Noelia Cotelo. Esta última atópase no cárcere de Ávila, no cal neste último tempo non paran de machacala: abusaron sexualmente dela, provocáronlle lesións, negáronlle a atención médica cando a está a precisar continuamente, dificúltanlle as comunicacións, etc. Interrumpeu a folga de fame fai ao redor dunha semana estando en perigo de coma hipoglucémico pero sigue combatendo e denunciando a súa situación.

Ademais, Buter presentará o último número de Punto de Fuga, unha publicación anticarceraria de moitos anos de traballo e adicado esta vez sobre todo á tortura.

Estades convidadas a participar!

 

 

Asamblea da Mancomunidade Integral Galega o 3 de marzo

O 3 de marzo, ás 12h, na Casa do Vento, habrá unha asemblea (que durará todo o día) da MIGA
(Mancomunidade Integral Galega). Este proxecto aberto, que comezou cunha asemblea en
Compostela o 25 de xullo do 2012, e con asembleas itinerantes por todo o pais dende
entón, pretende xerar unha mancomunidade galega na que se poidan integrar proxectos
xa existentes e poidan xerarse outros novos que nos permitan autoxestionar tódolos
ámbitos da nosa vida (alimentación, saúde, aprendizaxes, natureza, etc.) baixo uns
principios éticos cos que vivir á marxe do sistema actual grazas aos nosos recursos.
Estades convidad@s!

A acta da asemblea anterior pódese ver aquí: http://piratepad.net/IiVAzKMk85

Xuntanza de mulleres este mércores ás 20h no vento

Caras companheiras,

como todas sabedes, estamos a viver um momento de repressom e violência
máxima: as agressons contra os nossos colectivos, contra a nossa
militância, contra as nossas ideias e, em última instancia, contra as
nossas vidas é manifesta.

O aparelho repressivo sabe que o medo é a sua melhor arma porque fratura o
tecido social, nos individualiza, nos distancia as umhas das outras e nos
faz duvidar das nossas convicçoes até paralizar-nos.

Sem dúvida este é o tempo de sentir medo, mas também é o tempo de
armarmo-nos contra ele.

Em Compostela o tecido associativo é muito amplo e muitos dos colectivos
que sofrem a repressom do sistema já tenhem feito trabalho para
empoderar-nos fronte as agressons. Porém, sentimos que ainda segue a haver
muitas reticências para abordarmos as violências que nos assolagam dum
jeito estrutural.

Nom podemos obviar que nós, polo simples facto de sermos mulheres, sofremos
umha dupla repressom, a externa (ou política) e a interna (ou pessoal); e
assim é como às vezes, mesmo dentro dos espaços nos que militamos -espaços
supostamente liberados-, sofremos agressons. Abordarmos estas violências
nom é doado, há reticências porque falar das opressons próprias -tanto para
quem as recebe como para quem as perpetua- nom é agradável. Mas nós sabemos
que o pessoal é político e isso é o que lhe da sentido às nossas lutas.

Todas essas violências coas que nos estám a golpear (as colectivas e as
próprias, as externas e as internas) geram em nós incertezas, frustraçom e
medos. E já somos muitas as que vimos falando assim, de jeito informal, da
necessidade de abordarmos estas questions colectivamente e desde o
vivencial.

Para mudarmos o sistema é preciso resituarmo-nos nas relaçons de bom-trato
que garantam um bem-estar sem trégua nas nossas vidas e nos nossos jeitos
de fazer.

Nas últimas semanas som várias as mulheres que estám a ser perseguidas e
isto deu-nos o pulo preciso para concretar que já é tempo de juntarmo-nos e
por em comum os nossos sentires, os nossos problemas e as nossas
necessidades, intentando assim construir umha rede de apoio mútuo desde a
nossa condiçom de mulheres galegas em luta.

Convidamos pois a todas as mulheres e moças de Compostela, que compartam a
necessidade de tecer laços e buscar umha resposta coletiva á estas
agressons multifacetadas, a umha juntança o *mércores 20 de fevereiro às
20h no C.S.O. A Casa do Vento.*

Agradece-se a difussom deste correio a todas aquelas companheiras que
possam estar interessadas. Espalhemo-lo!

--
*"E a terra pra chegar na primavera mudou três vezes de estação"*